O 31 de outubro de 2019 pasará xa para sempre a formar parte da historia da Banda de Lalín como un día feliz. Presentamos e tivemos o primeiro ensaio con David Fiuza como novo director titular e fixémolo con toda a ilusión de quen comeza un novo ciclo, coa motivación de afrontar novos retos e coas ganas de seguir aprendendo e evolucionando.
En David Fiuza atopamos un director de recoñecido prestixio, cunha ampla experiencia para desenvolver proxectos artísticos de envergadura, dinámico, innovador e aínda por riba da terra!
A súa capacidade de traballo, a constancia e perseverancia, o talento, a intelixencia a empatía e a simpatía, a xenerosidade, comprensión, positivismo e humildade convírteno no candidato ideal para afrontar unha etapa na que os soños se farán realidade nun proxecto ambicioso, esixente, de grande interese e moi atractivo tanto para os músicos como para o público.
Baixo o título de “Sinfonía 0” traballaremos ao longo deste ano cun repertorio baseado na máis importante das formas musicais: a sinfonía, achegándonos a través dela a todo tipo de estilos procurando espertar as máis intensas emocións. Pouco a pouco iremos informando sobre ese gran proxecto que vimos de comenzar pero ide anotando as datas e organizando a axenda porque algo moi grande está a comezar!
Benvido David!!!