DISCOGRAFÍA

A Banda de Lalín desenvolveu unha intensa labor discográfica que posibilitou a súa internacionalización, chegando a venderse os seus discos en países como Holanda, Francia, Alemaña, Xapón, Estados Unidos, Suíza, Canadá, Singapur, Italia ou Polonia entre outros. Asimesmo as súas actuacións no WMC de Kerkrade nos anos 2009 e 2013 resultaron seleccionadas para formar parte dos cds que rexistran os momentos máis sobranceiros de cada edición, o que supuxo todo un recoñecemento ao esforzo e ilusión dos músicos.

A través dos seguintes enlaces poderás coñecer máis detalladamente cada un destos traballos así como escoitar pequenos fragmentos. Se queres adquirir algún podes facer o pedido a través do formulario de contacto.

Scroll hacia arriba
Translate »