BANDA

A Banda de Lalín foi fundada no ano 1942 agrupando baixo a batuta de D. Lucas a preto dun vintena de músicos procedentes de diversas bandas existentes no concello como a de Goiás, Bermés ou a Penela. Tras diversas etapas nas que acadou e mantivo unha merecida reputación, é no ano 1992 cando se asentan as bases da actual agrupación. 

Marcel van Bree, que dirixiu esta formación dende 1992 ata 2004, foi un dos grandes impulsores axudado pola chegada do Conservatorio Profesional. Pronto chegarían primeiros premios importantes a nivel autonómico (I e III Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra) e nacional (XXXI Certame Internacional de Bandas Vila D’Altea 2002). 

Despois de 12 anos péchase unha etapa con Marcel van Bree e faise cargo da dirección Mateo Adderi que tivo a difícil misión e manter o nivel acadado e liderar a transición logo dun periodo tan longo co mestre holandés. Durante 3 anos Mateo continuou a liña de traballo marcada e participouse en festivais coma o Certame Nacional de Campo de Criptana. 

No 2007 comeza unha etapa esplendorosa para a Banda de Lalín. Moitos anos de traballo deron lugar a un grupo consolidado con un carácter musical moi definido que, baixo a batuta de Bram Sniekers, afrontou proxectos de gran envergadura. Obtivéronse galardóns coma un primeiro premio no VIII Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra, o primeiro premio no “IXL Certame Internacional de Bandas Vila D’Altea 2010” ou dous dos capítulos claves para a nosa agrupación como foron as excelentes clasificacións no certame “Wold Music Contest” de Kerkrade (Holanda), conseguindo na primeira participación, en 2009, o cuarto posto na “Harmonie: First Division” e unha máis que meritoria medalla de bronce na “Concert Division” da edición do 2013, sendo ata o momento a única banda galega que participou na máxima categoría. 

Cómpre resaltar a intensa labor discográfica levada a cabo nos últimos anos, gravando e editando 5 discos, un por ano desde o 2009. Ditos traballos foron realizados co selo discográfico “Mirasound World Wind Music” contando en diversas ocasións coa colaboración de editoriais omo Baton Music e Amstel Music. Asimesmo destaca o cd “Extreme Beethoven”, composto integramente por música de Johan de Meij, quen elexiu á Banda de Lalín para estrear varias das súas obras. A última gravación data do verán de 2013 e trátase dun concerto en directo rexistrado no Rodahal de Kerkrade que rexistraba un aforo completo. O programa estaba formado unicamente por música española e causou auténtico furor entre o público. 

Ademáis dos premios obtidos nestos anos, a Banda de Lalín actuou nas cidades máis importantes de España como Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Bilbao, A Coruña, etc. realizando tamén xiras por países como Arxentina, Venezuela, Holanda ou Suiza entre outros. 

Desde fai tempo, a Banda fai unha forte aposta pola formación de calidade tanto con directores convidados (como Ferrer-Ferrán, Jan Cober, Henrie Adams, Johan de Meij, etc) como con músicos de renome internacional (como Frits Damrow, David Childs, Nitzan Laster, René Pagen, Arno Piters, Steven Mead, Gé Titulaer, Jörgen van Rijen e un largo etc.) que aparte de actuar como solistas coa nosa Banda, deixan os seus coñecementos en clases maxistrais. 

A Banda de Lalín conta con dúas bandas escola: a Banda Infantil e a Banda Xuvenil que sirven de viveiro de futuros músicos garantindo o futuro da formación. 

Desde outubro de 2015 a novembro de 2018 estivo dirixida por Isabel María Rubio Molina obtendo un gran recoñecemento na súa labor pedagóxica e levando a Banda de Lalín a un gran nível como se constatou coa súa participación no XII Certame Galego de Bandas de Música no Auditorio de Galicia.

Scroll hacia arriba
Translate »