Borja Romero González
Los Realejos (Tenerife, España) – 1995
Nado en Tenerife (España), Borja Romero González é un director especializado en música para formacións de vento, sendo un dos primeros directores canarios con formación profesional específica en dirección de banda. A súa traxectoria desenvolveuse en distintos países de Europa, especialmente en España, Países Baixos e Italia.

Fórmase en Zaragoza, onde obtén o título de Dirección Orquestral con Miquel Rodrigo e Borja Quintas, e de Dirección Coral con Elena Ruiz. O seu especial interese pola música de banda lévao a Maastricht (Países Baixos), onde cursa o Grao e o Máster en Dirección de Banda baixo a tutela de Jos Zegers, rematando os seus estudos cun concerto ao fronte da Banda Real da Marina dos Países Baixos. Posteriormente, realiza un posgrao en Dirección de Banda en Turín con Lorenzo Della Fonte como mentor.
Na actualidade é director titular das bandas neerlandesas Amicitia Vilt, St. Caecilia Eygelshoven e St. Caecilia Spekholzerheide. Anteriormente foi director titular da Agrupación Musical Delicias (Zaragoza) e subdirector da Philharmonie Sittard (Países Baixos).

As súas calidades como director foron recoñecidas en diversos certames internacionais celebrados en España, Italia e Polonia. Entre as súas distincións figuran o Premio Internacional de Dirección «Bilbao Musika» (Bilbao, 2024), o II Premio do Concorso Internazionale per Direttori d’Orchestra di Fiati «Frederick Fennell» (Sicilia, 2024) e o II Premio do Concurso Internacional de Dirección Orquestral «Reveriano Soutullo» (Santiago de Compostela, 2025).
Paralelamente, a súa formación como xornalista permitíulle levar a cabo unha actividade investigadora no ámbito da musicoloxía. É autor de diversos traballos publicados sobre o xénero da marcha procesional, ao que adicou unha parte significativa da súa labor investigadora.
En xullo de 2026 é elixido como director titular da Banda de Lalín e da Escola de Música da Banda de Lalín.

