Despois da intensa experiencia da edición do WMC Kerkrade 2009, a Banda de Lalín foi convidada a participar na máxima categoría do certame no 2013. As expectativas xeradas en torno á Banda eran grandes debido ao gran sabor de boca que deixara na súa primeira actuación en terras holandesas e grazas ao traballo discográfico que se desenvolveu ao longo dos 4 anos que separaron un festival e outro. Xa sen contar co factor sorpresa, a formación lalinense deixou satisfeitos a propios e estranos acadando o favor do público e do xurado que lle concedeu a Medalla de Bronce do certame.
No cd que recolle as mellores interpretacións de cada ano aparece case o concerto íntegro da Banda de Lalín, agás a obra obrigada.
Obras seleccionadas:
Be thou my vision, David R. Gillingham
Volume 1, CD 1
Symphony nº 4, David Maslanka
Volume 1, CD 2