A Banda de Lalín foi convidada o 26 de xullo de 2013 a ofrecer un concerto no Rodahal de Kerkrade con motivo da celebración do World Music Contest 2013. Dita actuación foi concebida desde un principio como mostra do patrimonio musical español e como escaparate do seu temperamento, vitalidade e emoción. A maior parte do repertorio seleccionado foi arranxado por Marcel van Bree para banda, soprano e tenor sendo estos papeles desempeñados por Pilar Moráguez e Carlos Silva.
Froito desa actuación baixo a batuta de Bram Sniekers é esta gravación en directo na que se recollen os momentos máis importantes dun evento moi especial onde a ilusión e a maxia estiveron presentes en cada unha das interpretacións, desde os intensos primeiros compases da ópera de Penella “El Gato Montés” ata a alegría desbordante das muiñeiras coas que culminamos o concerto, orgullosas representantes da nosa tradición que arrincaron sonoras ovacións das preto de 1000 persoas alí congregadas.
1. La Vida Breve: Interludio e Danza
Manuel de Falla, arr. Marcel van Bree
2. Las Hijas del Zebedeo: Carceleras
Ruperto Chapí, arr. Marcel van Bree
3. La Revoltosa: Dúo de Felipe y Mari Pepa
Ruperto Chapí, arr. Marcel van Bree
4. La tabernera del puerto: No puede ser
Pablo sorozábal, arr. Marcel van Bree
5. El Gato Montés: Highlights from the opera
Manuel Penella, arr. Marcel van Bree
6. Granada (trompeta solista: Esteban Batallán)
Agustín Lara, arr. Esteban Batallán
7. ¡Viva Navarra!
Joaquín Larregla
8. La Boda de Luis Alonso: Intermedio
Gerónimo Giménez
9. Ponteareas
Reveriano Soutullo
10. Ballet Estancia: Danza Final “Malambo”
Alberto Ginastera
11. A Pepa – Mozos do Penedo
Xosé Oro Val
Director: Bram Sniekers
Soprano: Pilar Moráguez
Tenor: Carlos Silva
Técnico de gravación: Thijs Peters
Arranxos musicais: Marcel van Bree
Mezclas: Jelke Haisma
Asesores musicais: Bram Sniekers e Marcel van Bree
Portada: Alejandro Piñeiro Rodríguez
Edita: World Wind Music / Mirasound
Gravado en directo o 26 de xullo de 2013 no Rodahal de Kerkrade