Marcel van Bree
Naceu en Meijel (Holanda). Estudou clarinete (Walter Boeykens) e dirección no Conservatorio Superior de Brabante (Tilburgo), asistindo a clases de dirección con Pierre Kuijpers, Enrique García Asensio e Jan Cober.
Desde o seu traslado a Galicia (1991) foi director do Conservatorio Profesional de Lalín, a Orquestra de Cámara do mesmo e da Banda de Lalín.
Tamén foi director-fundador da Banda Sinfónica de Galicia e director da Banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares entre os anos 2000 e 2004. Como director-titular dirixiu a Banda de Lalín, a Banda Municipal de A Coruña (2004-2011), a Agrupación Musical do Rosal e a Banda de Música de Salcedo.
En calidade de director convidado dirixiu as principais bandas de música de Galicia e a nivel peninsular as bandas municipais de Albacete, Almería, Bilbao, Madrid, Pamplona, Sevilla, Vitoria, a Banda Sinfónica Portuguesa (Oporto) e la Banda Sinfónica do Centro Superior de Música ‘Musikene’ no País Vasco.
Gravou unha ducia de CD’s, algúns en colaboración con Mirasound (Holanda) para o selo World Wind Music e tamén un CD para a discográfica Vienna Modern Masters (EE.UU) con obras para solista e banda.
Impartiu cursos e clases maxistrais de dirección nos conservatorios de Pontevedra, Ourense, Lalín, Lugo e outros organizados en colaboración coas bandas de música de Arbo, a Artística de Merza, a Banda de Sober, a Unión Musical de Valadares, a Banda Municipal de Almería ou a Banda Sinfónica Portuguesa (Oporto).
Promocionando a creación de música orixinal para vento estreou unha vintena de obras de novos compositores españois. Autores coma Eva Lopszyc (Buenos Aires) ou Ferrer Ferrán (Valencia) adicáronlle algunhas das súas composicións.
Ademais da súa actividade como director e mestre, desenvolve traballos pedagóxicos e didácticos relacionados coa dirección, instrumentación e interpretación e realiza transcricións para banda sinfónica.
Desde xaneiro de 2022 é director titular da Banda de Lalín, nunha segunda etapa que tanto el coma os músicos afrontan con gran ilusión.