Ao longo da súa traxectoria a Banda de Lalín colleitou moitos éxitos entre os amantes da música. Porén, non sería ata iniciado o século XXI cando a súa presenza en certames e concursos se fixo asidua obtendo sempre o recoñecemento do xurado, do público e da críti-ca especializada.
Froito do traballo e da ilusión acadáronse os seguintes premios:
- 1º premio da sección especial no I Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra (2001)
- 1º premio no XXXI Certamen Internacional de Bandes de Música Vila d’Altea (2002)
- 1º premio no I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine “Vila de Ribadeo” (2003)
- 1º premio da sección especial no IV Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra (2004)
- 2º premio no XXXIII Certamen Nacional de Bandas de Música “Campo de Criptana” (2006)
- 1º premio da sección especial no VIII Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra (2008)
- Mención do xurado na First Division do World Music Contest de Kerkrade (2009)
- Distinción “Lalinense do ano” (2009)
- 1º premio da sección sinfónica no 39 Certamen Internacional de Bandes de Música Vila d’Altea (2010)
- Medalla de bronce na Concert Division do World Music Contest de Kerkrade (2013)
- 2º premio no XII Certame Galego de Bandas de Música (2018)

