Presentámosvos algúns dos momentos máis especiais da Banda de Lalín en formato vídeo para que os desfrutedes e recreedes experiencias tan importantes para nós. Se queredes ver máis do noso traballo non deixedes de visitar a canle de youtube da Banda de Lalín.

La Primitiva, Jef Penders – WMC Kerkrade 2009
A Banda de Lalín comezaba con este pasodoble a escritura dunha das páxinas máis sobranceiras da súa historia así como da música galega. Baixo a batuta de Bram Sniekers as melodías e acordes de “La Primitiva” cautivaban a un público entregado que desfrutou durante todo o concerto, acadando que cada un dos seus aplausos se convertiran en bágoas de emoción ao finalizar.

 

 Gravación “Extreme Beethoven”
En decembro de 2012 a Banda de Lalín gravaba o seu 5º cd, neste caso por encargo do mesmísimo Johan de Meij estreando algunhas das súas obras máis representativas dos últimos tempos. Neste traballo participou o solista británico David Childs o cal supuxo un auténtico privilexio e un traballo moi gratificante para os músicos e o compositor, quen se amosou realmente satisfeito coa Banda de Lalín e o seu director Bram Sniekers. Neste pequeno vídeos amosamos algúns desos intres vividos con tanta emoción e ilusión acompañados cos sons de “River flows in you”, do coreano Yiruma.