Corría o ano 1942 cando varios músicos de bandas do Concello, como Goiás, BerméBanda de Lalín (1960)s ou A Penela, se xuntaban para formar unha agrupación na vila. Foi D. Lucas o primeiro director baixo a batuta do cal se atopaban Claudio, Inocencio, Canteiro, Felipe, Manolo (fliscorno), Benito, Magín, Elías (trombón), Antonio (fliscorno), o “Requinto” de Trascastro, Celso, Ismael, Antonio do Outeiro, Manolo, “Requinto”, Polo, Julio e “Catabís”. Durante dúas décadas a academia do ensaio estivo situada na Casa do Panadeiro, no Empalme e foi un tempo no que a Banda, ademais de D. Lucas, tivo outros catro directores: D. Arturo, D. Amadeo Valero, D. Jesús Pérez Rivas e o recoñecido D. Faustino del Río, célebre polas súas composicións das que hoxe en día todavía algunha delas se sigue a interpretar, coma o pasodoble “Coruña”.

En 1963, por moBanda de Lalín (1974 veteranos)r da emigración a países como Venezuela, varios músicos tiveron que abandoar esta formación, quedando reducida a só 11 membros: Manolo, o “Requinto”, Camilo, Elías, Luis, o “Tenor”, Jesús, o “Tren” de Padro, Salustiano, Celso (barítono), e Benito.  A diminución dos membros da plantilla trouxo consigo a disolución da Banda ata que en 1.975, D. Celso Blanco Álvarez tivo a idea de formar unha especie de fanfarria composta por un grupo de músicos que non exercían desde facía bastante tempo e que xa contaban cunha idade avanzada. Este conxunto, baixo o nome de “Banda de los Veteranos” presentouse por primeira vez en público nas festas de San Cristobo dese mesmo ano, sendo dirixidos por D. Claudio González. Foi tal o éxito que colleitaron nese festexo que a partir de entón foron requeridos para actuar en varias festas populares. Este grupo medrou tan rapidamente que en 1.976 chegou a contar con 45 músicos (todos da comarca), a pesar de que algún deles xa había tempo que non tocaba.


Froito deste rexurdir musical, en 1.977 creouse unha sociedade musical onde, ao entraren novas persoas e ideas, se formou a Banda Cultural de Lalín. Nese ano cesou como director D.Claudio González González, seguindo como músico da Banda. O seu substituto, D. Anxo Pereiro Cores, estivo ao frente da formación ata 1.979, ano no que foi relevado na dirección por D. Antonio Quintairos Grande e con quen a Banda viviría momentos de gran esplendor como a súa primeira gravación discográfica ou as viaxes a Arxentina e Venezuela.


Banda de Lalín (1991)En 1987 entrou como director D. Fernando Vázquez Arias que, durante algún tempo, compaxinou esta tarefa co cargo de Director do Conservatorio Municipal de Lalín. Este foi substituído no verán de 1.991 por D. Miguel Calero Navalón, último director que tivo esta formación baixo o nome de Banda Cultural de Lalín, xa que en 1.992, coíncidindo coa chegada desde Holanda de D. Marcel van Bree, esta agrupación abandonou o adxectivo de “Cultural” e pasou a chamarse Banda de Lalín. Este cambio de nome supuxo o comezo dunha nova época para esta formación. A chegada de Marcel van Bree a Galicia supuxo unha revolución en canto á concepción das bandas populares, ao repertorio e especialmente á formación dos directores. Contribuiu a espallar unha mentalidade máis aberta e pronto se comezaron a ver os froitos e beneficios non só na Banda de Lalín se non por toda a xeografía galega. Durante os 12 anos que Marcel foi director da Banda de Lalín sucedéronse os éxitos en certames coma os organizados pola Deputación de Pontevedra ou o Vila d’Altea, nos que o bo facer da Banda serviu para comezar a facerse un nome máis alá da nosa terra.

No 2004 Marcel van Bree é chamado a facerse cargo da dirección da Banda Municipal de A Coruña e aterra en Lalín Mateo Adderi, mestre italiano de gran talento que se faría cargo da formación durante tres anos de intenso traballo por manter o nivel acadado.

ensaio kerkradeLogo dunha etapa de transición, no 2007 asume a dirección da Banda outro holandés: Bram Sniekers, con quen se escribiron algunhas das páxinas máis importantes da historia da Banda de Lalín. Durante 7 anos seláronse actuacións memorables como dúas participacións no World Music Contest de Kerkrade (anos 2009 e 2013); a gravación de 5 cds, unha nova participación no Certame Internacional Vila d’Altea e un sinfín de concertos con solistas de gran prestixio internacional coma Arno Pitters, Frits Damrow, David Childs, Nitzan Laster, Ana Lains ou Perry Hoogendijk entre outros.