2015 Santa CeciliawebD. Lucas, D. Arturo, Amadeo Valero, Jesús Pérez Rivas, Faustino del Río, Ángel Pereiro Cores, Miguel de Santiago, Antonio Quintairos, Fernando V. Arias, Miguel Calero Navalón, Marcel van Bree, Mateo Adderi, Bram Sniekers… Esta é a lista de directores da Banda de Lalín desde que se fundara no ano 1942. Todos eles traballaron arreo para conseguir sacar adiante unha formación e consolidala pouco a pouco nun nivel recoñecido por toda Galicia e máis alá das nosas fronteiras polo que o noso agradecemento hacia eles ten que ser ben grande.

A esta lista engadiremos o vindeiro 14 de novembro un novo nome: ISABEL MARÍA RUBIO MOLINA, a nova directora titular coa que xa tivemos a oportunidade de traballar durante dúas intensas semanas no mes de marzo e que agora chega para quedarse e iniciar unha nova etapa chea de ilusión e Música.

Por se fora pouco, será o primeiro concerto para once nenas e nenos que chegan petando con moita forza para dar continuidade a unha formación senlleira no panorama musical galego. Trátase dos trompetistas David Saavedra García, Alberto Rodríguez González e Rosalía Rivera Marcos; os trompas Salvador Pichel Gómez e Sergio Jar Vázquez; os clarinetistas Clara Arias Fernández e Denís Iglesias Montes; o frautista Brais Iglesias Montes; o percusionista Anxo López Figueiras; e o trombón Kiril Nesterov Bekker.

Tamén, como xa vén sendo tradición, homenaxearase aos músicos que cumpren 25 anos incansables co seu instrumento. Este ano o recoñecemento e agradecemento será para Aleida Doval Golmar, Jorge García Porral, Diego Lage Gamallo, Benxamín Otero Otero e Alfredo Varela González.

O programa para esta primeira cita terá un marcado carácter festivo e foi escollido concienzudamente pola nova batuta coa finalidade de ir traballando aspectos técnicos, sonoridade e outras cuestións que estimou necesarias. Estará composto polas seguintes:

  • Fanfare for a Common Man (1942), Aaron Copland (1900-1990)
  • Guys Band (1995), José Vicente Egea (1961)
  • Variations on a Shaker Melody (1958), Aaron Copland (1900-90)
  • Symphonic Dances from West Side Story (1960), Leonard Bernstein (1918-1990), arr. Paul Lavender
  • Amazing Grace (1994), Frank Ticheli (1958)
  • The Cowboys (1972), John Williams (1932), arr. Jim Curnow
  • Slava! (1977), Leonard Bernstein (1918-1990), arr, Clare Grundman

Previamente actuará a Banda Xuvenil de Lalín baixo a dirección de Santiago García Mella co seguinte programa:

  • Festa no Pobo, Daniel Costa Ferreiro
  • Pilatus: Mountains of Dragons, Steven Reineke
  • Aladdin, Alan Menken e Paul Jennings

Agardamos que nos acompañedes e desfrutedes desta cita coa nosa historia!!!

Deixa o teu comentario