La Voz de Galicia, 30 de abril de 2015

Faro de Vigo, 30 de abril de 2015

Galería de imaxes

O pasado sábado, 25 de abril, celebrouse a primeira fase do I Concurso de Solistas da Banda Xuvenil de Lalín, un evento ao que estaban a participar todos os membros da agrupación e que contou cunha boa acollida por parte dos músicos que prepararon concienzudamente e con moita ilusión a cita.

p2015 solistas_00O xurado, composto por Pablo Doval, José Manuel Taboada, Carlos Esteve e Javier Blanco, tivo a difícil tarefa de seleccionar aos finalistas das dúas categorías establecidas nas bases. Os membros do tribunal subliñaban o bo nivel dos participantes que complicaron a súa decisión de tal xeito que tiveron que optar por escoller 4 finalistas en cada unha das seccións en lugar dos 3 estipulados nas bases.

Preto das 19:00 h. do sábado, Santiago García Mella, director da Banda Xuvenil de Lalín e promotor da iniciativa daba a coñecer o nome dos finalistas:2015 solistas_17

Categoría A:

  • Laura Fernández Puga (trompeta)
  • Daniel González Rielo (trompeta)
  • Santiago Buján Ferreiroa (óboe)
  • Jesús Pérez López (trompeta)

Categoría B

  • Brais Iglesias Montes (frauta)
  • Antonio Buján Ferreiroa (bombardino)
  • Daría Pérez López (saxofón)
  • David de la Torre Fernández (percusión)

A final do concurso terá lugar o sábado 2 de maio, a partires das 19:00 h. no Salón Teatro do Auditorio de Lalín con entrada libreao público que se desexe achegar para animar a estos grandes talentos que paseniñamente se van abrindo un oco no mundo da Música con esforzo e ilusión.

Os vencedores terán un premio en material musical por cortesía da Banda de Lalín e da tenda Ópera Prima ademais de contar co privilexio de tocar p2015 solistas_22un concerto como solistas coa Banda Xuvenil de Lalín, sen dúbida a recompensa máis gratificante ao poder amosar as súas cualidades ante o público arroupados polos seus amigos.

3 Responses so far.

  1. Thank you a bunch for sharing this with all of us you actually realize what you are talking approximately! Bookmarked. Kindly also talk over with my site =). We may have a hyperlink trade contract between us!

  2. Kinda funny, they’re treating her like a child, but sheslike what 25 or something? She was much more popular (in a good way) when she a younger, so maybe this a way of them geting ready to turn her back into a child. you know the powers these studios have these days…lol

  3. d’accord pour un spectacle de lumieres,mais il faudrait peut etre rassurer tout ceux qui pensent voir des ovni dans le ciel pres de Montreal,la nouvelle court sur internet.

Deixa o teu comentario